Grupo FB2

Liñas de Investigación


O obxectivo básico da investigación do grupo é o estudo de mecanismos fisiolóxicos básicos nos peixes relacionados co metabolismo, a neuroendocrinoloxía, os ritmos, a resposta ao estrés e os mecanismos de adaptación ao medio. Para iso utilizamos especies de peixes modelo (troita arco da vella, linguado, peixe cebra…) co fin de extrapolar os resultados obtidos ao desenvolvemento de investigación aplicada no eido da Acuicultura.

Na actualidade o principal campo de traballo do grupo está centrado no estudo dos mecanismos metabólicos, neuroendocrinos e ambientais implicados no control da alimentación en peixes e a súa interacción co estrés.


Liñas de Investigación:

  • Control da inxesta de alimento en peixes por factores metabólicos, neuroendocrinos e ambientais.
  • Mecanismos sensores de nutrintes e metabolismo enerxético en peixes.
  • Interacción entre os mecanismos de control da inxesta en peixes e a resposta ao estrés.
  • Fisioloxía do órgano pineal e da melatonina.
  • Ritmicidade diaria e estacional en peixes, mecanismos moleculares do reloxo circadiano.
  • O eixo hipotálamo-hipófise-interrenal e a resposta ao estrés en peixes.

Modelos utilizados


Trucha arco iris

Troita arco da vella

Oncorhynchus mykiss
Lenguado

Lenguado

Solea senegalensis
Dorada

Dourada

Sparus aurata
Rodaballo

Rodaballo

Scophthalmus maximus
Pez cebra

Peixe cebra

Danio rerio

Recursos


INSTRUMENTOS

  • Espectrofotómetro UV-VIS de múltiples cubetas termostatizables con axitación contínua.
  • Lector de placas UV-VIS.
  • Fluorímetro.
  • Sistema de HPLC con detección electroquímica.
  • Sistema de HPLC con detección UV.
  • Sistema de HPLC con detección de fluorescencia.
  • Inxector adutomático de mostras para sistemas de HPLC.
  • Sistema de PCR convencional (termociclador, sistema de electroforese, sistema de análise de imaxes de xeles) para avaliar expresión xénica.
  • Sistema de PCR cuantitativa (qPCR) para cuantificar expresión xénica.
  • Sistema de Western Blot (cubetas, fonte de alimentación, etc) para cuantificar niveis de proteínas específicas
  • Sistema de concentrador por baleiro para evaporación de solvente en procedementos de extracción de mostras.
  • Equipamento básico para immunoshitoquímica (microtomo, microscopios, etc).
  • Microcentrífugas, centrífuga e ultracentrífuga refrixeradas.
  • Equipamento básico de laboratorio: conxeladores de -20ºC e -80ºC, destilador e equipo de auga ultrapura, balanzas, pHmetros, axitadores normais e orbitais, placas calefactoras e refrixeradoras, estufas de incubación (unha refrigerada), autoclave, sonicador, homoxenizador, baños de incubación, micropipetas, pipetas multicanal, dispensadores, etc.

INSTALACIÓNS

  • 2 laboratorios de investigación equipados e operativos (100 m2 en total).
  • Laboratorio de cultivos celulares (estufa de incubación con CO2 controlado, autoclave, campana de fluxo laminar, microscopio invertido).
  • Laboratorio húmido para experimentación con peixes na estación de ciencias mariñas (ECIMAT) de UVIGO na illa de Toralla.

TÉCNICAS

  • Técnicas de manipulación, quirúrxicas, de administración de sustancias, obtención e procesado de mostras tanto para experimentación in vivo coma in vitro con tecidos e células de peixes.
  • Cuantificación de metabolitos e actividades enzimáticas mediante espectrofotometría UV-VIS, fluorimetría e HPLC.
  • Cuantificación mediante HPLC de neurotransmisores e hormonas.
  • Cuantificación por qRT-PCR do mRNA resultado da expresión de xenes.
  • Cuantificación por Western Blot da presenza de proteínas específicas.
  • Cuantificación por ELISA de niveis de hormonas en plasma.
  • Técnicas immunohistoquímicas para avaliar a presenza de proteínas específicas en tecidos.
  • Avaliación de parámetros relacionados coa inxesta de alimento e o crecemento.

Proxectos de investigación financiados


Regulación integrativa da inxesta de alimento en peixes por factores metabólicos, circadianos e neuroendocrinos. Implicación en piscicultura
01/01/2017 - 31/12/2019 | Ministerio de Economía e Competitividade | Ref. AGL2016-74857-C3-1-R
Investigadores responsables: José Luis Soengas Fernández y Jesús Manuel Míguez Miramontes.

Rede temática en benestar e estrés en peixes
01/01/2017 - 31/12/2019 | Ministerio de Economía e Competitividade | Ref. AGL2016-81808-REDT
Investigador responsable: José Luis Soengas Fernández.

Integración de sinais metabólicas e neuroendocrinas na regulación da inxesta e a súa interacción co estrés en peixes
01/01/2014 - 30/06/2017 | Ministerio de Economía e Competitividade | Ref. AGL2013-46448-C3-1-R
Investigadores responsables: José Luis Soengas Fernández e Jesús Manuel Míguez Miramontes.

Consolidación e estructuración de unidades de investigación competitivas do SUG (Grupo con potencial de crecemento)
16/06/2012 - 30/11/2014 | Xunta de Galicia | Ref. CN 2012/004
Investigador responsable: José Luis Soengas Fernández.

Análise e avaliación de diferentes métodos de sacrificio de peixes mariños. Proxecto JACUMAR.
01/01/2011 - 31/12/2012 | Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño
Investigador responsable: Jesús Manuel Míguez Miramontes.

Influencia de sinais intrínsecos (sensores metabólicos e sistema circadiano) e do estrés sobre o control da alimentación en peixes teleósteos. Aplicación en piscicultura.
01/01/2011 - 30/06/2014 | Ministerio de Ciencia e Innovación | Ref. AGL2010-22247-C03-03
Investigador responsable: José Luis Soengas Fernández.

Consolidación e estructuración de unidades de investigación competitivas.
01/01/2010 - 21/12/2010 | Xunta de Galicia | Ref. IN845B-2010/162
Investigador responsable: José Luis Soengas Fernández.

Alteracións derivadas do envellecemento no sistema circadiano e na produción de melatonina a nivel hepático e gastrointestinal. Caracterización de xenes reloxio e papel protector da melatonina.
30/06/2009 - 01/07/2011 | Fundación Mutua Madrileña
Investigador responsable: Marcos Antonio López Patiño.

Consolidación e estructuración de unidades de investigación competitivas.
01/01/2009 - 16/12/2009 | Xunta de Galicia | Ref. INCITE09ENA310002ES
Investigador responsable: José Luis Soengas Fernández.

Regulación da inxesta en peixes teleósteos por factores metabólicos e neuroendocrinos. Efecto do estrés
01/12/2007 - 30/11/2010 | Ministerio de Educación e Ciencia | Ref. AGL2007-65744-C03-01/ACU
Investigador responsable: Jesús Manuel Míguez Miramontes.

Ritmicidade e regulación neuroendocrina da inxesta de alimento en peixes teleósteos.
13/07/2005 - 12/07/2008 | Xunta de Galicia | Ref. PGIDIT05PXIC31202PN
Investigador responsable: José Luis Soengas Fernández.

Efectos da exposición a hidrocarburos aromáticos policíclicos sobre a reprodución e o seu control neuroendocrino en peixes teleósteos.
17/12/2004 - 16/12/2007 | Xunta de Galicia | Ref. PGIDT04PXIC31208PN
Investigador responsable: José Luis Soengas Fernández.

Ritmicidade e regulación neuroendocrina da inxesta de alimento en peixes teleósteos.
16/12/2004 - 15/12/2007 | Ministerio de Educación e Ciencia | Ref. AGL2004-08137-C04-03/ACU
Investigador responsable: Jesús Manuel Míguez Miramontes.

Efectos da exposición a hidrocarburos aromáticos policíclicos sobre a reprodución e o seu control neuroendocrino en peixes teleósteos.
17/12/2003 - 16/12/2006 | Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía | Ref. VEM 2003-20062
Investigador responsable: José Luis Soengas Fernández.

Interaccións entre osmorregulación e metabolismo enerxético na dourada.
28/12/2001 - 27/12/2004 | Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía | Ref. BOS2001-4031-C02-02
Investigador responsable: José Luis Soengas Fernández.

Estudo dos mecanismos neuroendocrinos implicados na adaptación a distintas salinidades ambientais en peixes teleósteos utilizando como modelo a troita arco da vella.
19/07/2001 - 19/07/2004 | Xunta de Galicia | Ref. PGIDT01PX130113PR
Investigador responsable: José Luis Soengas Fernández.

Caracterización da regulación hormonal do metabolismo enerxético cerebral na troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss).
10/10/1999 - 09/10/2001 | Xunta de Galicia | Ref. PGIDT99PX130106A
Investigador responsable: José Luis Soengas Fernández.

Redes Temáticas


NACIONAIS


PISCIBIEN. Rede temática en benestar e estrés en peixes

Formada polo grupo de Fisioloxía de peixes da Universidade de Vigo e grupos de: Universidade Autónoma de Barcelona (coordinadora), Universidade de Cádiz, Universidade Politécnica de Madrid, Universidade de Murcia, Instituto de Acuicultura Torre de la Sal-CSIC, Universidade Complutense de Madrid, Institut de Recerca i tecnología Agroalimentaria (IRTA), Universidade de las Palmas de Gran Canaria e Instituto de investigación y formación agraria y pesquera de Andalucía (IFAPA)

INTEGRAFISH. Integración metabólica, circadiana e comportamental do control da inxesta de alimento en peixes

Formada polo grupo da Universidade de Vigo (coordinadora) e grupos da Universidade Complutense (María Jesús Delgado) e o Instituto de Acuicultura Torre de la Sal-CSIC (José Miguel Cerdá-Reverter)

INTERNACIONAIS


CLEANFISH. Rede temática en benestar, crecemento e metabolismo en peixes

Formada polo grupo de Fisioloxía de peixes da Universidade de Vigo e grupos de: Centro de Neurociencias e Biologia Celular de Coimbra-Portugal (coordinadora), INRA de StPée-Francia, Wageningen University-Holanda, Universidade de Porto-Portugal, Norwegian University of Science and Technology-Noruega, Silico Life Lda, e Universidade do País Vasco

Colaboracións


GRUPOS NACIONAIS

GRUPOS INTERNACIONAIS

Formación de persoal investigador (Teses de Doutoramento)


FINALIZADAS

Sistema circadiano e metabolismo hepático na Troita Arco da Vella. Influencia do estrés
22/07/2016 | Juan Hernández Pérez | Director: Jesús M. Míguez e Marcos A. López Patiño

Mecanismos centrais e periféricos sensores de ácidos grasos na troita arco da vella como modelo de peixe teleósteo. Implicación no control da inxesta de alimento
18/06/2015 | Marta Librán Pérez | Director: José Luis Soengas
Mención de Doutoramento Internacional | Premio extraordinario de Doutoramento
.

Efectos do estrés sobre a inxesta de alimento e a súa regulación por mecanismos neuroendocrinos e metabólicos en peixes teleósteos
16/10/2012 | Marta Conde Sieira | Directores: José Luis Soengas e Jesús M. Míguez
Mención de Doutoramento Internacional | Premio extraordinario de Doutoramento
.

Melatonina no tracto gastrointestinal da troita arco da vella: regulación e papel fisiolóxico
30/09/2011 | José Luis Muñoz Pérez | Directores: Jesús M. Míguez e Marcos A. López Patiño

Papel da leptina na relación entre os sistemas glucosensores centrais e o control da inxesta de alimento na troita arco da vella como modelo de peixe teleósteo
27/09/2011 | Ariel José Aguilar | Director: José Luis Soengas

Regulación da actividade metabólica e secretora do órgano pineal da troita arco da vella pola arginina vasotocina: interación coa adaptación osmótica
30/07/2008 | Arnau Rodríguez Illamola | Director: Jesús M. Míguez

Regulación do metabolismo indólico e a sintese de melatonina no órgano pineal da troita arco da vella polo fotoperiodo e a alimentación
09/07/2008 | Rosa María Ceinos Caride | Director: Jesús M. Míguez

Efectos a nivel neuroendocrino da exposición a hidrocarburos aromáticos policíclicos na troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss)
03/07/2008 | Manuel Gesto Rodríguez | Director: Jesús M. Míguez

Mecanismos glucosensores no cerebro e corpos de Brockmann da troita arco da vella como modelo de peixe teleósteo: implicacións fisiolóxicas
18/06/2008 | Sergio Hugo Polakof Requejo | Director: José Luis Soengas
Mención de Doutoramento Europeo | Premio extraordinario de Doutoramento.

Efectos da exposición a hidrocarburos aromáticos policíclicos sobre o metabolismo enerxético e niveles de hormonas esteroideas en peixes teleósteos
16/02/2007 | Adrián Tintos Gómez | Director: José Luis Soengas

Interrelacións metabolismo enerxético-osmorregulación en peixes teleósteos. Control hormonal e interacción con outros procesos fisiolóxicos
06/05/2005 | Susana Sangiao Alvarellos | Director: José Luis Soengas
Premio extraordinario de Doutoramento.


DEPOSITADAS

Avances no estudo dos sistemas glucosensores en troita arco da vella e a súa implicación no control da inxesta
02/10/2007 | Cristina Otero Rodiño | Director: José Luis Soengas


EN CURSO

Caracterización de mecanismos sensores de aminoácidos e corpos cetónicos en peixes. Implicación no control da inxesta de alimento
Sara Comesaña Fernández | Director: José Luis Soengas

Papel dos sistemas monoaminérxicos cerebrais (catecolaminas e serotonina) no comportamento alimentario e influenza do estrés en peixes teleósteos
Mauro Chivite Alcalde | Director: Jesús M. Míguez

Papel dos mecanismos sensores de ácidos grasos na regulación da inxesta de alimento en troita arco da vella como modelo de peixe teleósteo: control endocrino e mecanismos intracelulares implicados
Cristina Velasco Rubial | Director: José Luis Soengas

Organización circadiana e moduladores centrais da inxesta en troita. Papel da melatonina e a serotonina
Fatemeh Naderi | Directores: Jesús M. Míguez e Marcos A. López Patiño