Grupo FB2

Grupo FB2

Benvidos



Benvidos á páxina web do grupo de investigación de Fisioloxía de peixes e a súa aplicación en Acuicultura (FB2) da Universidade de Vigo.

O grupo de investigación, ubicado na Facultade de Bioloxía, fundouse en 1998 polos profesores José Luis Soengas e Jesús M. Míguez. Dende entón incorporou outros profesores e formáronse no mesmo 10 investigadores nacionais e internacionais. Hoxe en día, o grupo constitúeno catro profesores das áreas de Fisioloxía e Bioloxía Celular (Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde) así como 3 investigadores postdoutorais e 5 doutorandos.

O grupo foi recoñecido como grupo de referencia (grupo con potencial de crecemento) en 2012 pola Xunta de Galicia e pertence ao Centro Singular de Investigación Mariña da Universidade de Vigo ECIMAT.

Próximos Eventos


11th Congreso AIEC

Vigo, do 13 ao 15 de xullo de 2017.
Máis Información

Publicaciónes Recentes


M.J. Delgado, J.M. Cerdá-Reverter, J.L. Soengas.
Hypothalamic integration of metabolic, endocrine, and circadian signals in fish: involvement in the control of food intake
Frontiers in Neuroscience, 11: 354, 06/2017 | DOI