Especialistas vigueses coordinan un proxecto nacional sobre o estudo dos mecanismos que regulan a alimentación en peixes

Inciden en aspectos aínda pouco estudados con importantes implicacións para o sector acuícola

Etiquetas
Integrantes do Laboratorio de Fisioloxía Animal

Son referencia no estudo dos mecanismos que regulan a alimentación en peixes, coa enorme implicación que isto ten no mundo da acuicultura, sector que actualmente produce a metade do peixe consumido a nivel global. Falamos do grupo de investigación de Fisioloxía de peixes e a súa aplicación en acuicultura, equipo encargado da coordinación dun proxecto nacional financiado con preto de 600.000 euros denominado Integración metabólica, circadiana e comportamental do control da inxestión de alimento en peixes. No traballo participan tamén a Universidad Complutense de Madrid e o Instituto de Acuicultura de Torre de la Sal do CSIC e ten como principal obxectivo avanzar en aspectos aínda pouco estudados do sistema de alimentación dos peixes a fin de conseguir unha maior eficacia en termos de conversión enerxética e crecemento, cuestións con importantes implicacións para o avance dun sector, o acuícola, para quen resulta prioritario axustar de forma precisa a demanda e o subministro de alimento, principal custe económico desta industria.

Ler a nova completa no DUVI