Inicio
Grupo de investigación de Fisioloxía de peixes e a súa aplicación en Acuicultura
O grupo de investigación FB2, ubicado na Facultade de Bioloxía, fundouse en 1998 polos profesores José Luis Soengas e Jesús M. Míguez. Dende entón incorporou outros profesores e formáronse no mesmo 14 investigadores nacionais e internacionais. Hoxe en día, o grupo constitúeno 5 profesores das áreas de Fisioloxía e Bioloxía Celular (Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde) así como 2 investigadores postdoutorais e 4 doutorandos.
O grupo foi recoñecido como grupo de referencia (grupo con potencial de crecemento) pola Xunta de Galicia e pertence ao Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo
Actualidade
Investigadores da UVigo lideran un proxecto que afondará no coñecemento dos procesos que regulan a inxesta de alimento nos peixes
UCM e CSIC completan o equipo, que suma 15 anos de traballo conxunto
Catro mostras do talento investigador que se queda na UVigo
O programa de retención ofrécelles un contrato de tres anos prorrogables a outros dous
Proseguen os traballos para a identificar as principais medidas de adaptación da acuicultura ao cambio climático
Realizouse unha posta en común do borrador do informe de diagnóstico
Especialistas vigueses coordinan un proxecto nacional sobre o estudo dos mecanismos que regulan a alimentación en peixes
Inciden en aspectos aínda pouco estudados con importantes implicacións para o sector acuícola
Os avances en acuicultura centran as presentacións do congreso ibérico de Endocrinoloxía Comparada
O encontro arrancou este xoves na Facultade de Bioloxía e prolongarase ata o sábado