Inicio

PHYStoFISH

 
 
 
 

 

Grupo de investigación de Fisioloxía de peixes e a súa aplicación en Acuicultura

O grupo de investigación PhysToFish, ubicado na Facultade de Bioloxía, fundouse en 1998 polos profesores José Luis Soengas e Jesús M. Míguez. Dende entón incorporou outros profesores e formáronse no mesmo 17 investigadores nacionais e internacionais. Hoxe en día, o grupo constitúeno 4 profesores da área de Fisioloxía así como 4 investigadores postdoutorais e 4 doutorandos.

O grupo foi recoñecido como grupo de referencia (grupo con potencial de crecemento) pola Xunta de Galicia e pertence ao Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.