Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Grupo de Fisioloxía de peixes e a súa aplicación en Acuicultura

O grupo de investigación PhysToFish pertence ao Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo e foi recoñecido como grupo de referencia competitivo (GRC) pola Xunta de Galicia. Situado na Facultade de Bioloxía, foi fundado en 1998 polos profesores José Luis Soengas e Jesús M. Míguez. Ao longo da súa historia, formáronse no mesmo 18 investigadores nacionais e internacionais. Na actualidade, está composto por 2 catedráticos, 2 profesores titulares, 4 investigadores posdoutorais (incluíndo 2 Ramón y Cajal), 7 investigadores predoutorais, 1 xestora de proxectos e 1 técnica de laboratorio.