O CIM busca mellorar a eficiencia da acuicultura entendendo como se regula o apetito dos peixes.
Céntranse nos mecanismos que regulan a inxesta para deseñar pensos eficientes e sostibles.O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo desenvolve o proxecto estatal eFISHient, unha iniciativa científica que ten como obxectivo mellorar a eficiencia e a sustentabilidade da acuicultura a través do coñecemento dos mecanismos que regulan a inxesta de alimento nos peixes.
O proxecto, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e liderado polas investigadoras do grupo PhystoFish Ayelén Blanco e Cristina Velasco, céntrase en comprender como determinados compostos producidos pola microbiota intestinal, os chamados ácidos graxos de cadea curta, como o butirato, o acetato ou o propionato, poden influír no apetito dos peixes e axudar a que utilicen mellor o alimento que inxiren
A UVigo amosa o seu potencial en I+D+i en BioSpain, un dos maiores eventos de biotecnoloxía en Europa.
A Universidade de Vigo participa esta semana, como parte dunha delegación galega, na feira BioSpain. Este evento, que arrancou onte martes, é un dos maiores eventos de biotecnoloxía organizados por unha asociación nacional da industria biotecnolóxica en Europa e un dos máis grandes do mundo por número de xuntanzas bilaterais e empresas participantes.
O grupo PhystoFish contou coa oportunidade para presentar os resultados do proxecto Marinnonet e ademáis o seu ninvestigador principal José Luis Soengas participou na mesa redonda titulada "Fishing in the Atantic marine biotech innovation ecosystem: from potential to societal impact".
A Unesco incorpora o proxecto europeo AlFunFeed do CIM como parte da Década das Ciencias Oceánicas.
Os científicos da UVigo buscan revolucionar a produción de pensos para acuicultura.
O proxecto europeo AlFunFeed, liderado polo catedrático José Luis Soengas do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo, foi incorporado pola Unesco como Decade Action – Project dentro da Década das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible. Esta iniciativa global da ONU, coordinada pola Unesco, funciona como un marco para impulsar proxectos, investigacións e accións colaborativas entre gobernos, persoal científico, ONG, empresas e sociedade civil. O seu obxectivo é fomentar iniciativas concretas de ciencia, innovación e políticas para protexer e restaurar os océanos, polo que AlFunFeed pasa a formar parte deste conxunto internacional de iniciativas científicas que contribúen a este fin.
Vigo reúne 400 especialistas para reforzar a alianza entre investigación, empresa, administración e sociedade a prol dunha acuicultura sostible.
O investigador do CIM-UVigo José Luis Soengas copreside a organización.
Vigo acollerá ata o vindeiro xoves a XX edición do Congreso Nacional de Acuicultura (CNA), unha cita que reúne a preto de 400 investigadores e investigadoras, representantes de empresas, administracións públicas e entidades vinculadas á acuicultura de todo o país. Baixo o lema Regreso a los orígenes, o encontro volve a Galicia para recoñecer o papel que a comunidade autónoma desempeñou no desenvolvemento científico, tecnolóxico e produtivo da acuicultura española, coincidindo ademais esta edición coa celebración do primeiro Congreso Nacional de Acuicultura, organizado no Grove en 1985.
O acto inaugural, celebrado nas últimas horas, contou coa participación do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas; da conselleira do Mar, Marta Villaverde; do alcalde de Vigo, Abel Caballero; da presidenta da Sociedade Española de Acuicultura (SEA), Cristina Tomás; e dos copresidentes do comité organizador, Carlos Pereira Dopazo, da Universidade de Santiago de Compostela, e José Luis Soengas, catedrático do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo. Soengas agradeceu na súa intervención o respaldo institucional recibido e puxo en valor “a relevancia dun encontro que sitúa a Galicia no centro do debate sobre o futuro da acuicultura”.
A convocatoria CIM-PosDou 2026 reforza a aposta do centro pola retención de talento
O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo acaba de resolver a convocatoria CIM-PosDou 2026, unha iniciativa destinada a apoiar proxectos de investigación posdoutoral estratéxicos para o centro. Nesta edición foron seleccionadas dúas iniciativas que abordan retos relacionados coa conservación dos ecosistemas costeiros fronte ao cambio climático e a acuicultura sostible.
Buscan o benestar animal en acuicultura e materiais sostibles desenvoltos a partir de macroalgas
A rede europea Marinnonet, coordinada polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e financiada polo programa Interreg Atlantic Area, acabar de pór en marcha os traballos seleccionados na súa segunda convocatoria de proxectos piloto en bioeconomía azul con aplicación directa no sector produtivo, sete iniciativas que presentan actividades de I+D+i en tres áreas clave: acuicultura sostible, tecnoloxías de observación mariña e produtos industriais derivados do mar. Dous destes proxectos contan coa participación de persoal investigador da UVigo, un liderado desde o grupo PhysToFish, do propio CIM, e outro con participación do grupo grupo de Biomasa e Desenvolvemento Sostible, EQ-2, do Centro de Investigación en Nanomaterias e Biomedicina, CINBIO. Financiados con ata 30.000 euros e nove meses de duración, estes proxectos están concibidos como exemplos prácticos de como a investigación e a industria poden colaborar para desenvolver tecnoloxías e produtos que respondan ás necesidades dos sectores produtivos e da sociedade.