Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Vigo reúne 400 especialistas para reforzar a alianza entre investigación, empresa, administración e sociedade a prol dunha acuicultura sostible.

O investigador do CIM-UVigo José Luis Soengas copreside a organización.

Vigo acollerá ata o vindeiro xoves a XX edición do Congreso Nacional de Acuicultura (CNA), unha cita que reúne a preto de 400 investigadores e investigadoras, representantes de empresas, administracións públicas e entidades vinculadas á acuicultura de todo o país. Baixo o lema Regreso a los orígenes, o encontro volve a Galicia para recoñecer o papel que a comunidade autónoma desempeñou no desenvolvemento científico, tecnolóxico e produtivo da acuicultura española, coincidindo ademais esta edición coa celebración do primeiro Congreso Nacional de Acuicultura, organizado no Grove en 1985.

O acto inaugural, celebrado nas últimas horas, contou coa participación do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas; da conselleira do Mar, Marta Villaverde; do alcalde de Vigo, Abel Caballero; da presidenta da Sociedade Española de Acuicultura (SEA), Cristina Tomás; e dos copresidentes do comité organizador, Carlos Pereira Dopazo, da Universidade de Santiago de Compostela, e José Luis Soengas, catedrático do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo. Soengas agradeceu na súa intervención o respaldo institucional recibido e puxo en valor “a relevancia dun encontro que sitúa a Galicia no centro do debate sobre o futuro da acuicultura”.

Ler a nova completa no DUVI