Avalía solucións baseadas en aminoácidos para preservar o seu benestar e mellorar a produción.
O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo lidera o proxecto de investigación Toxi-Feed, un estudo que analiza como determinados contaminantes que poden estar presentes nos pensos acuícolas inflúen na alimentación e no metabolismo da troita arco da vella, unha especie clave na acuicultura de auga doce. A investigadora do grupo PhysToFish, Ayelén Blanco, é a responsable do traballo, que se executará ata 2028 e que está financiado pola convocatoria de Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG da Xunta de Galicia. A alimentación é un dos factores máis determinantes na produción acuícola, tanto desde o punto de vista do benestar animal como da rendibilidade do sector, xa que pode supoñer ata o 70 % do custo total de produción. Aínda que os pensos están regulados, poden conter contaminantes en baixas concentracións que, a longo prazo, afectan a procesos esenciais como a inxestión de alimento, o crecemento, o metabolismo ou a reprodución dos peixes. “Estudar estes contaminantes permite anticipar problemas, protexer o benestar animal e garantir unha produción acuícola segura e eficiente”, afirma Ayelén Blanco.
O CIM busca mellorar a eficiencia da acuicultura entendendo como se regula o apetito dos peixes.
Céntranse nos mecanismos que regulan a inxesta para deseñar pensos eficientes e sostibles.O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo desenvolve o proxecto estatal eFISHient, unha iniciativa científica que ten como obxectivo mellorar a eficiencia e a sustentabilidade da acuicultura a través do coñecemento dos mecanismos que regulan a inxesta de alimento nos peixes.
O proxecto, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e liderado polas investigadoras do grupo PhystoFish Ayelén Blanco e Cristina Velasco, céntrase en comprender como determinados compostos producidos pola microbiota intestinal, os chamados ácidos graxos de cadea curta, como o butirato, o acetato ou o propionato, poden influír no apetito dos peixes e axudar a que utilicen mellor o alimento que inxiren
A UVigo amosa o seu potencial en I+D+i en BioSpain, un dos maiores eventos de biotecnoloxía en Europa.
A Universidade de Vigo participa esta semana, como parte dunha delegación galega, na feira BioSpain. Este evento, que arrancou onte martes, é un dos maiores eventos de biotecnoloxía organizados por unha asociación nacional da industria biotecnolóxica en Europa e un dos máis grandes do mundo por número de xuntanzas bilaterais e empresas participantes.
O grupo PhystoFish contou coa oportunidade para presentar os resultados do proxecto Marinnonet e ademáis o seu ninvestigador principal José Luis Soengas participou na mesa redonda titulada "Fishing in the Atantic marine biotech innovation ecosystem: from potential to societal impact".
A Unesco incorpora o proxecto europeo AlFunFeed do CIM como parte da Década das Ciencias Oceánicas.
Os científicos da UVigo buscan revolucionar a produción de pensos para acuicultura.
O proxecto europeo AlFunFeed, liderado polo catedrático José Luis Soengas do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo, foi incorporado pola Unesco como Decade Action – Project dentro da Década das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible. Esta iniciativa global da ONU, coordinada pola Unesco, funciona como un marco para impulsar proxectos, investigacións e accións colaborativas entre gobernos, persoal científico, ONG, empresas e sociedade civil. O seu obxectivo é fomentar iniciativas concretas de ciencia, innovación e políticas para protexer e restaurar os océanos, polo que AlFunFeed pasa a formar parte deste conxunto internacional de iniciativas científicas que contribúen a este fin.
Vigo reúne 400 especialistas para reforzar a alianza entre investigación, empresa, administración e sociedade a prol dunha acuicultura sostible.
O investigador do CIM-UVigo José Luis Soengas copreside a organización.
Vigo acollerá ata o vindeiro xoves a XX edición do Congreso Nacional de Acuicultura (CNA), unha cita que reúne a preto de 400 investigadores e investigadoras, representantes de empresas, administracións públicas e entidades vinculadas á acuicultura de todo o país. Baixo o lema Regreso a los orígenes, o encontro volve a Galicia para recoñecer o papel que a comunidade autónoma desempeñou no desenvolvemento científico, tecnolóxico e produtivo da acuicultura española, coincidindo ademais esta edición coa celebración do primeiro Congreso Nacional de Acuicultura, organizado no Grove en 1985.
O acto inaugural, celebrado nas últimas horas, contou coa participación do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas; da conselleira do Mar, Marta Villaverde; do alcalde de Vigo, Abel Caballero; da presidenta da Sociedade Española de Acuicultura (SEA), Cristina Tomás; e dos copresidentes do comité organizador, Carlos Pereira Dopazo, da Universidade de Santiago de Compostela, e José Luis Soengas, catedrático do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo. Soengas agradeceu na súa intervención o respaldo institucional recibido e puxo en valor “a relevancia dun encontro que sitúa a Galicia no centro do debate sobre o futuro da acuicultura”.
A convocatoria CIM-PosDou 2026 reforza a aposta do centro pola retención de talento
O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo acaba de resolver a convocatoria CIM-PosDou 2026, unha iniciativa destinada a apoiar proxectos de investigación posdoutoral estratéxicos para o centro. Nesta edición foron seleccionadas dúas iniciativas que abordan retos relacionados coa conservación dos ecosistemas costeiros fronte ao cambio climático e a acuicultura sostible.